Novas
BellónMaceiras abre a súa propia escola de música en setembro en Fene
12/07/2010
Adxuntámosvos o cartel publicitario coas materias a impartir. Xa podedes reservar a vosa praza. A matrícula será gratuíta durante o curso 2010/2011. Haberá gaita, acordeón, percusión tradicional, guitarra, baixo, batería, baile galego, combo instrumental, linguaxe musical e música para nen@s. Para máis información podedes escribir ós e-mails habituais. En breve teredes o listado dos mestres. Esperámovos a todos e todas!!!
BM5 en Dodro o mércores día 14
11/07/2010
O vindeiro mércores BellónMaceiras Quinteto actuará en Dodro (A Coruña )ás 22:30h no Campo do Bosque. Tamén participarán os Arxentinos Cero Cero 54 e os Chilenos Ossetia Norte.
BellónMaceiras Quinteto en concerto este sábado 3 de xullo
30/06/2010
BellónMaceiras Quinteto desprázase este sábado 3 de xulio ata o centro de Galicia para dar un concerto en Melide. Os futboleros podedes estar tranquilos, poderedes ver o España-Paraguay que logo daravos tempo a chegar igualmente, o concerto terá lugar ás 23:00h e será na praza do Convento (Cantón de San Roque). A entrada será libre polo que estades todos invitados. Vémonos alí!
Deezer e presentacións de BellónMaceiras Quinteto
18/06/2010
O disco "Folk Fusión" estará nas tendas definitivamente a partir do 22 de xuño baixo a edición e distribución de Do Fol Música.

Este mesmo día, martes 22 de xuño ás 19:30h, BM5 ofrecerá un concerto en acústico na biblioteca Sagrada Familia da Coruña, onde poderedes escoitar parte do seu novo traballo e levarvos un exemplar á vosa casa rubricado ca firma dos seus compoñentes.

Do mesmo xeito, ó día seguinte, mércores 23 ás 19:30h, estarán á disposición do público de Ferrol, para facer unha presentación tamén en acústico na Galería Sargadelos.

Anunciaranse proximamente máis presentacións e concertos do conxunto.

Por outra banda, para os que queirades ir escoitando este disco, xa o podedes facer desde www.deezer.com poñendo "BellonMaceiras" no seu buscador.

Unha aperta a todos!
BellónMaceiras Dúo + María Moiseeva en Moscú
10/06/2010
O primeiro destino de BellónMaceiras Dúo no vindeiro ano 2011 será a capital de Rusia, Moscú. O día 3 de xaneiro tocarán na Catedral Católica de Moscú con motivo do Festival Internacional de música Navideña. O concerto será as 14h e tocarán xuto a organista rusa María Moiseeva. Iremos ampliando a información desta nova xira cos concertos que farán BM2.
Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info