Novas
Reportaxe Multimedia da viaxe a Deutschland
01/11/2008
Xa podedes ollar na sección multimedia a reportaxe fotográfica da viaxe a Hannover e Cuxhaven en Alemaña. Moitas gracias polo magnífico trato e recibimento. Graciñas a todos!
BellónMaceiras Quinteto en Barcelona
25/10/2008

Este sábado o BellónMaceiras Quinteto desprázase a Barcelona para participar no Festival Toxos e Xestas xunto con varios grupos galegos. O festival comezará ás 17h e será no Auditorio da Fira de Barcelona.Ata o sábado!

Novos Concertos de BellónMaceiras
17/10/2008
O dúo BellónMaceiras viaxará esta fin de semana para ofrecer en Alemaña dous concertos. O venres 17 de outubro actuarán no centro galego de Hannover e o sábado 18 desplazaranse a Cuxhaven para tocar no día de Galicia en dita cidade. Máis novidades proximamente.
BellónMaceiras en A Coruña Venres 12:30h
09/10/2008

Comeza un mes de Outubro con moitas novidades para os nosos músicos. O dúo BellónMaceiras tocará mañá venres ás 12:30h no Paraninfo da Universidade de A Coruña. Será o concerto que abre o curso académico 2008/2009. O resto de novidades proximamente.

BellónMaceiras en www.kosmoradio.net
06/10/2008

Ó longo desta semana poderemos escoitar a BellónMaceiras no programa Folk, Kosmos. Para consultar os horarios deste programa desta radio de Cataluña podedes consulta-la súa web www.kosmoradio.net

Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info