Novas
Saída de FolkFusión nas tendas o 2 de xuño.
16/05/2010
Saída inmente nas tendas do traballo FolkFusión de BellónMaceiras Quinteto para o vindeiro 2 de xuño. O disco sairá con Boa Music co selo DOFOL Música. O disco estará distribuído por toda a xeografía Española e tamén terá un distrubución internacional ( Francia, Alemaña, e máis lugares de fora do vello continente). Tamén o poderes mercar en Itunes e escoitar en dizzer, Spotify...e por suposto nas tendas habituais, como EL Corte Inglés, Media Mark, Fnac....Todo para que non vos perdades este novo traballo cheo de música moi fresca e cun mundo de fusión sen prexuízos
3ª Edición do disco Unión das Terras
14/05/2010
Os que todavía non teñades o disco Unión das Terras, aínda estades a tempo de conseguilo, acábase de reeditar co que vai xa pola 3ª edición. Gracias ós 2000 que xa mercáchedes o disco nas anteriores fornadas. Ollo para os coleccionistas, xa que nesta nova entrega o disco non terá diferencia coas anteriores. Vémonos nos concertos deste novo mes que entra!!!
Entrevistas de hoxe
30/04/2010
Entrevista de hoxe en vieiros.com:

http://www.vieiros.com/nova/79348/a-gaita-sae-da-cuncha-e-estoupa-en-folkfusion

E outra entrevista tamén de hoxe na Voz de Galicia edición de Compostela:

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/04/30/0003_8452911.htm

Esta noite concerto no Salón Teatro de Santiago ás 20:30h, recordade que podedes mercar as entradas por Internet ou alí dende as 18:30h. Benvidos ó Folk Fusión!
Venta de entradas para o venres en Santiago
27/04/2010
Recordade que FolkFusión de BM5 será presentado este venres ás 20:30h no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Xa se poden mercar as entradas para este concerto, escollendo o mellor sitio na sala, desde a casiña, via a billeteira electrónica de Caixa Galicia.Agardemos que esté tan abarrotado coma en Coruña e en Ferrol, gracias a todos por ir. O link é este taquilla.caixagalicia.es
Xa á venda as entradas para o concertos de abril
26/04/2010
Xa están a venda as entradas dos concertos de presentación do disco para este mes de abril.Aquí tedes os links:
Para o concerto de Ferrol http://www.ferrol.es/jofre/Paginas/SelEvento.aspx Para o concerto de A Coruña: https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php# e para o concerto de Santiago: https://taquilla.caixagalicia.es/TKET202/FImarcoVenSecGra.asp?Programa=11767&Espectac=5&Represen=1&recarga=0
Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info