BellónMaceiras Trío en Donostia
21/09/2017
Esta semana Daniel Bellón e Diego Maceiras xunto a Juan "Cabe" viaxan ó País Vasco para participar no Festival Atlantikaldia de Errenteria. O porto de Errenteria converterase nun porto de encontro de culturas con música, gastronomía, xogos e outras actividades de diferentes lugares do mundo. Neste concerto o trío estará acompañado polo grupo de baile Ereintza de Errenteria.
Novo curso na Escola de Música BellónMaceiras
04/09/2017
A Escola de Música BellónMaceiras comeza o novo curso 2017 / 2018 tanto nas clases presenciais coma nas clases a través de Skype.
Se estás interesado en formar parte dela, non dubides en pedir información. 
Ver enlace
BellónMaceiras Trío nas Festas de Ferrol
28/08/2017
BellónMaceiras Trío estará o próximo luns 28 de agosto ás 22:00 no festival folk que Ferrol inclúe dentro das súas festas. Será na praza de Amboaxe, e compartirán escenario con Davide Salvado e Kepa Junkera. Estades todos convidados!
Reportaxe do noso paso polo Festival de Gooik
17/07/2017
Se queres ver o noso paso por Gooik podes acceder ó noso facebook e ver un album de fotos do festival
Ver enlace
BellónMaceiras Trío en Móstoles e Bélxica
29/06/2017
Daniel Bellón e Diego Maceiras viaxarán de novo a Móstoles para participar nun Ciclo Folk que terá lugar no Parque Cuartel Huerta o 2 de xullo.
Unha semana despois volverán a terras belgas para participar no Gooikoorts internationaal volksmuziekfestival que se organiza na cidade de Gooik (Bélxica) os días 7, 8 e 9 de xullo. Ademais de participar no Festival de Gooikoorts, BellónMaceiras Trío tamén tocará na Igrexa de Gooik o 9 de xullo. É a segunda vez que BellónMaceiras viaxa a Bélxica. Tanto en Móstoles como en Bélxica tocarán co guitarrista Juan “Cabe” en formato Trío para a presentación de “TEN”.
¿Queres estar ó día de todas as nosas novidades, participar en sorteos, ter acceso a vantaxes exclusivas e moitas cousas máis?

Subscríbete ó noso boletín de novas:
Lin e acepto a Política de privacidade
De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos informámoslle de que os seus datos persoais recollidos mediante este formulario serán tratados e quedarán incorporados nos ficheiros da Escola BellónMaceiras S.C. (J-70259106) con enderezo en rúa Antonia Montero, 11 - 15500, Fene (A Coruña), coa finalidade de informarte/informarvos sobre todos os concertos e novidades do grupo BellónMaceiras e da Escola de Música BellónMaceiras.
Vostede pode exercitar o dereitos de cancelación do servizo mediante petición por mail a novas@bellonmaceiras.com indicando no asunto as palabras Baixa Newsletter.