Formacións
BellónMaceiras Dúo

O dúo BellónMaceiras nace na primavera de 2005 coa finalidade de profundizar nunha formación pouco desenrolada no eido musical, con dous instrumentos tan representativos na nosa cultura como son a gaita e o acordeón. A consolidación dun repertorio adecuado e variado que defina as múltiples posibilidades do dúo, é unha prioridade que está na mente destes músicos. 

Os dous integrantes son músicos de recoñecido prestixio no panorama musical galego cunha larga experiencia como integrantes de grupos de renome ademáis dunha traxectoria consolidada como concertistas en solitario. 

O grupo ve a luz no verán do 2005 cun concerto de presentación no seu concello. En vista da excelente acollida o grupo foi reclamado para actuar en distintos lugares da xeografía galega. En decembro do mesmo ano desplázase a Francia para representar á música galega no "Día de Galicia" en París

Cun variado repertorio basado en composicións propias e pezas tradicionais de distintas partes do mundo, o dúo afronta o concurso que organiza Radio Obradoiro tódolos anos en Santiago de Compostela e que reúne a grupos folk de Galicia. Dani e Diego participan na que é a súa séptima edición obtendo a victoria no Teatro Principal de Santiago.

En xullo dese ano, BellónMaceiras , coa colaboración de Álex Blanco, son un dos finalistas para participar no Escenario Runas 2006 do Festival de Ortigueira. Despois dunha excelente actuación rematan sendo o grupo máis votado co que gañan a participación no escenario principal do Festival de Ortigueira 2007 . 

Despois de Ortigueira repiten visita ó estranxeiro. En primero lugar convidados ó Festival Intercéltico dos Xogos Náuticos de Falmouth (Cornualles, Reino Unido), despois sendo un dos grupos de delegación galega que participan na 36 edición do Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña, Francia) e pechan as súas viaxes en Xenebra (Suíza). Como colofón a este gran ano, presentan o seu primeiro disco "Unión das Terras".

O ano 2007 xirará en torno ás presentacións do seu traballo "Unión das Terras" por diversos puntos da xeografía europea, Madrid, Barcelona, Málaga, Francia, Andorra, Suíza e por suposto en Galicia. Tamén son partícipes do circuíto 4x4 promovido pola Xunta de Galicia.

A actuación estrela deste ano ten lugar no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, aproveitando a ocasión para incorporar novos músicos e perfilar o que será o seu proxecto a partir do 2008, o BellónMaceiras Quinteto. Como remate do ano, viaxan a EEUU para presentar "Unión das Terras" en New York.

Despois de concertos como o que ofreceron no "Klub 55" de Varsovia (Polonia), en Hannover e Cuxhaven (Alemaña), chegan ó 2009 ó festival de Cornouaille de Quimper (Bretaña, Francia) onde entre outros concertos, ofrecen un moi especial colaborando coma convidados no 60 aniversario da Bagad Kemper, editándose un cd deste concerto en directo.

No ano 2010 no que ademáis de sacar un novo disco con BellónMaceiras Quinteto ( Folkfusión ) e tocar por diversos puntos de Galicia e Europa deciden fundar a ”Escola de Música BellónMaceiras” chegando xa no terceiro mes de existencia ós 100 alumnos.

Comezan o 2011 cun concerto na catedral católica de Moscú (Rusia) así como na sala Pokrovka da mesma cidade. Poucas semanas máis tarde tocan no Festival de Cosquín (Córdoba, Arxentina) colaborando co dúo artistas da talla de Dulce Pontes.

Participan no concerto benéfico “Voces para la Paz” no auditorio nacional de Madrid, formando parte dos máis de 300 músicos de orquestras sinfónicas de España. Despois do éxito obtido nos numerosos concertos que ofrecen ó longo do mundo, o programa Alalá da TVG adícalles un programa no que relatan a súa densa traxectoria.

En 2015, Daniel Bellón e Diego Maceiras celebran o seu décimo aniversario coa autoproducción do seu terceiro disco TEN. A fusión continúa caracterizando as súas composicións. Temas de diversos lugares do mundo con algún ingrediente celta. Daniel Bellón e Diego Maceiras rodeáronse esta vez por un grupo de colaboradores excepcionais, logrando unha mestura única con músicos de Gales, Rusia e Galicia. Juan Cabe, María Moiséeva, María López, Miguel Lamas, Juan Tinaquero, Rafael Carracedo e Oliver Wilson-Dickson.

Ver en

Nace en Ferrol o 5 de xaneiro de 1985. Posúe un dos curriculums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber. Na actualidade combina a súa faceta de gaiteiro-saxofonista en BellónMaceiras , coa de mestre de gaita galega na Escola de Música BellónMaceiras e tamén como master class e cursiños por diversas partes do mundo. Posee o título de grao profesional de gaita concedido polo Conservatorio da Xunta de Galicia en Ferrol.

Fórmase no seo da Banda de gaitas Airiños de Fene (1995) , á vez que estudia no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol. Na banda de gaitas Airiños de Fene chega a desenvolver durante varios anos a faceta de gaiteiro solista ata o ano 2001, que culmina coa gravación do seu primeiro traballo discográfico "Identidade". Con esta formación realiza importantes actuacións como as da inauguración da Expo98 en Lisboa, os festivais de Segovia e Guernika ou as dúas participacións no Festival Intercéltico de Lorient (1999 e 2001). É membro fundador dos grupos Roquementroque, Venela e tamén participou no cuarteto de gaitas Xaloucos.

A partir do ano 2000, comeza a súa traxectoria como gaiteiro solista acadando premios como o “Constantino Bellón” en 3 ocasións (2001, 2005 e 2006, sendo o gañador máis novo de toda a historia), o "Gaiteiro de Soutelo" en 4 ocasións (2002, 2004, 2005 e 2006), e o “Trophée Macallan” (Lorient, Francia, 2003). É seleccionado para o único curso de perfeccionamento para gaiteiros impartido por Carlos Núñez (Vigo, 2001). Tamén exerce coma xurado de concursos música galega dende o ano 2007 e coma compositor de obras para os devanditos concursos.

No 2003 e no 2008 participa na recreación en directo da banda sonora da película "La Casa de la Troya" (Alejandro Pérez Lugín - Manuel Noriega, 1924) en distintas ciudades españolas con motivo da súa representación final na Filmoteca Española en Madrid. Neste mesmo ano é nomeado pola corporación municipal do seu concello “Gaiteiro Maior de Fene”. No verán de 2007 colabora coa Orquestra do Festival Intercéltico de Lorient, interpretando a "Epopée Celtique". Dende o ano 2006 é o artista convidado do “Bagad Kemper” (Francia) participando en diversas actuacións pola xeografía galega e francesa. No ano 2009 participa na grabación en directo dun cd no Festival de Cornouaille (Francia) con motivo do 60 aniversario do Bagad con artistas de renome coma Dan Ar Braz. Dende o ano 2010 a Aula de Música do Instituto de Secundaria do Concello de Fene leva o nome de “Aula de Música Daniel Bellón”.

Desenvolve un importante labor como concertista en solitario e tamén coma compositor e así mesmo como de mestre gaiteiro por toda a xeografía mundial, actualmente exercendo como profesor de gaita galega na súa propia escola de música “BellónMaceiras”. Tamén compaxina este traballo co de mestre na Escola de Música “Progreso Musical” de Madrid. É profesor pola Xunta de Galicia nos Centros Galegos do exterior, impartindo o primeiro curso de Gaita Galega de nivel avanzado nas Escolas Abertas 2008 ademáis de múltiples cursos específicos de técnicas de gaita galega impartidos pola xeografía mundial (París, Buenos Aires, Lorient, Barcelona, Madrid, Ponferrada, Lugo, Santiago de Compostela,etc). Tamén colabora coma artista solista convidado cunha gaita de época no libro “Tanto encanto reunido” ( edicións embora, Berros do Castro)

Na primavera de 2001 funda con Pedro Lamas o cuarteto tradicional “Luvas Verdes”, que se ten consolidado xa como o grupo máis laureado da historia dos concursos de música tradicional que se teñen celebrado en Galicia, destacando a honra de ser o primeiro cuarteto tradicional que é convidado a participar no Festival Intercéltico de Lorient (Francia, 2002). Realizan importantes actuacións como as do Teatro García Barbón de Vigo ("Homenaxe ao Gaiteiro", 2002), Palacio de Congresos de Barcelona ("Festival Toxos e Xestas", 2003) ou na cidade andaluza de Córdoba entre outras. En 2005 publican o traballo discográfico “Fandango Desesperado” (NGD Música).

Dende 2005 forma parte de "BellónMaceiras Dúo" co que publica o disco “Unión das Terras” despois dun exitoso 2006, sendo gañadores do certame Radio Obradoiro, Runas do Festival de Ortigueira , e con máis de 100 concertos ás súas costas por diversos puntos da xeografía internacional (Festival de Lorient, Festival de Ortigueira, Festival dos Xogos Náuticos en Cornwall (U.K), Festival de gaiteiros en Ordino (Andorra), presentación do seu disco en New York (EUU), no prestixioso Klub 55 de Varsovia ( Polonia),Hannover e Cuxhaven (Alemaña), Xenebra (Suiza), etc). Na actualidade esta formación convive co proxecto “BellónMaceiras Quinteto” no que a gaita sae da súa cuncha para interpretar calquera tipo de música (tango, swing, habanera, jazz, muiñeira, vals francés, samba) sen ningún tipo de prexuízo tal e como se ve no traballo “FolkFusión” (Boa Music, DOFOL 2010). Levan a súa música por lugares coma A Coruña, Santiago de Compostela, Alcobendas (Madrid), Lorient (France), Bruselas (Bélxica)... 
No ano 2011 con BellónMaceiras Dúo viaxan a Moscú tocando entre outros lugares na catedral católica ante máis de 1000 persoas. Semanas despois viaxan ao Festival de Folklore máis grande do mundo, o “Festival de Cosquín” en Córdoba, Arxentina, participan con BellónMaceiras neste proxecto  Dulce Pontes e Juan Carlos Cambas. Posteriormente BellónMaceiras Quinteto é seleccionado pola AIE (Asociación de Intérpretes y ejecutantes) para facer unha xira por toda España ( Segovia, Madrid, Navarra, Zaragoza, Vitoria...).Tamén viaxan a Italia ao Festival Celta de Montelago así coma a Portugal. Neste ano tocan coa Orquesta Sinfónica de Voces por la Paz, Músicos Solidarios no Auditorio Nacional en Madrid. Despois do éxito obtido nos numerosos concertos que ofrecen ó longo do mundo, o programa Alalá da TVG adícalles un programa no que relatan a súa densa traxectoria

No 2006 estudia jazz na “Escuela Popular de Música y Danza” (Madrid), cursando Saxofón, Harmonía Moderna, improvisación e piano complementario, con Mestres como o saxofonista Valentín Álvarez e o guitarrista Antonio Saiz. É becado pola AIE para o curso 2007/2008 e 2009/2010 na prestixiosa "Escola - Estudio de Santiago de Compostela".
No ano 2010 é co-fundador xunto a Diego Maceiras da “Escola de Música BellónMaceiras” afincada na localidade de Fene. O éxito da escola queda patente xa nos tres primeiros meses de vida acadando máis de 100 alumnos de distintas partes da xeografía galega mesmo recibindo alumnos de gaita de Francia, Alemaña e Portugal.

Estes últimos anos, despois de percorrer moita da xeografía europea (Rusia, Escocia, Francia, Alemania, Albania, Irlanda do Norte, Andorra) así como distintos puntos do territorio nacional, e moitos sitios de Galicia, poñen a guinda no 2015 con “Ten”, un disco autoproducido baixo o seu propio selo discográfico “BellónMaceiras Música” e no que conmemoran o décimo aniversario de BellónMaceiras con 10 novos temas, colaborando músicos cos que tocaron estes anos da talla de Juan Cabe (guitarra), María López (zanfona), Miguel Lamas (batería), Juan Tinaquero (contrabaixo), Rafael Carracedo (trompeta, María Moisseva (órgano) ou Oliver Wilson-Dickson (violín).

Empezou na música con tan so 4 anos, formando parte da Banda de Gaitas "Airiños de Fene". No 2001 participa na gravación do seu primeiro traballo discográfico "Identidade". 

Os seus inicios no acordeón foron ós 11 anos co mestre fenés Manuel Cociña. Completa a súa formación con profesores de renome coma Roberto Grandal, Javier Díaz, Emilio Muñiz, Diego González ou Fernando Fraga, e realiza cursos cos ilustres Ángel Luis Castaño, Mika Vayrynen e Oleg Sharov.
Como músico, foi compoñente de numerosos grupos como Repique na Vrea, Venela, Rumbadeira, Eiravedra, ou Fiúncho. 
Cómpre destaca-lo traballo de Diego como compositor, posto que en tódalas formacións nas que participa colabora cos seus arranxos e temas da súa propia autoría, sendo tamén artífice das sintonías de "Radio Fusión" do ano 2006.

Colabora co grupo de música infantil "Mamá Cabra", co que gravou en 8 discos ("Cantos Rodados", "Cantando comigo", "Tan só con leres un libro", “Patatín, Patatán”, “Ola ola la”, “Bicos de Música”, “Xa me tardan estes magos” e “Estación nadal”). Na primavera de 2006 recibe con este grupo o Premio Nacional da Música á mellor canción en galego por "Tan só con leres un libro". 

Desde 2005 forma parte do dúo "BellónMaceiras" co que publica o seu primeiro disco "Unión das Terras" en 2006 despois de gañar o Certame Radio Obradoiro e Runas do Festival de Ortigueira. Este grupo conta na actualidade con case 200 concertos,  destacando cunha ampla traxectoria internacional: Lorient, Quimper e París (Francia), Cornualles (Reino Unido), Tirana e Durres (Albania), Moscú (Rusia), Cosquín (Córdoba, Arxentina), Glasgow (Escocia), Armagh (Irlanda do Norte), Montelago (Italia), Ordino (Andorra), Xenebra e Lausanne (Suíza), Varsovia (Polonia), Hannover, Cuxhaven e Nuremberg (Alemania), Bruxelas (Bélxica), Newark (New Jersey, EEUU), Viana do Castelo (Portugal), Barcelona, Madrid, Valencia, Málaga, Asturias, Segovia, Zaragoza, Navarra, Vitoria, Zamora, Ponferrada, Móstoles, Alcobendas, San Sebastián de los Reyes, así como en toda Galicia entre moitísimos outros. Sempre coa gaita e acordeón como base, o grupo edita o disco “Folk Fusión”¬†en abril de 2010 coa formación "BellónMaceiras Quinteto" . Son seleccionados en 2011 pola AIE (Asociación de Intérpretes e Executantes) para facer unha xira por toda España. Tamén participan nun concerto benéfico pola paz no auditorio nacional de Madrid xunto máis de 300 músicos de diferentes orquestras sinfónicas de toda España. En 2015, BellónMaceiras editan o seu terceiro disco, “Ten”, unha autoprodución na que conmemoran o seu décimo aniversario.

Rematado o grado medio de acordeón no Conservatorio Profesional de Oviedo, compatibiliza os concertos cas ensinanzas, sendo profesor de acordeón-piano e acordeón-cromático na escola de música BellónMaceiras, escola cofundada en 2010 por el máis Daniel Bellón e na que contan na actualidade con máis de 140 alumnos.

BellónMaceiras Trío

Daniel Bellón e Diego Maceiras elixen como compañeiro de viaxe a Juan “Cabe” (guitarrista en BellónMaceiras Quinteto) nesta formación que servirá de presentación do seu terceiro disco TEN. Esta nova proposta afunda na fusión de ritmos e melodías de diferentes países. Gravaron este novo disco acompañados por músicos cos que coincidiron en diferentes momentos destes dez anos de proxecto como dúo. (Juan Cabe, María Moiséeva, María López, Miguel Lamas, Juan Tinaquero, Rafael Carracedo e Oliver Wilson-Dickson). A filosofía de BellónMaceiras segue sendo utilizar a gaita xunto a outros instrumentos para interpretar pezas de distintos estilos e procedencias. En TEN, Daniel Bellón e Diego Maceiras volven mostrar a súa faceta como compositores en varios temas.

Ver en
BellónMaceiras concertos didácticos

BellónMaceiras ofrece concertos para nenos de infantil ou primaria. En setembro de 2010 bota a andar a Escola de Música BellónMaceiras na localidade de Fene. Daniel Bellón e Diego Maceiras deciden iniciar esta viaxe ca finalidade de que tanto nenos coma adultos aprendan a tocar o instrumento que desexen pero tendo como principal obxectivo o amor pola música. Con esta máxima, Dani e Diego queren dar unha mostra da riqueza da cultura galega facendo unha clase diferente fora do seu centro de formación, cun concerto dirixido especialmente para nenos, onde darán a coñecer instrumentos e ritmos autóctonos, así como involucrar ó público ca súa música e animalos a coñecer algo máis da súa cultura aprendendo a disfrutar dela.

Nun concerto didáctico de 45 minutos, BellónMaceiras ofrece un espectáculo no que o público máis xove poderá interactuar e coñecer directamente ós músicos desde un plano moi persoal e cercano, podendo facer preguntas ó remate da mostra.

Ver en
BellónMaceiras Quinteto

BellónMaceiras Quinteto nace no ano 2007 como unha evolución natural de BellónMaceiras Dúo. Esta nova formación achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical na que diversos estilos e ritmos de amálgama se complementan cunha ampla variedade de composicións propias. Os músicos que acompañan a Dani e a Diego nesta formación son: Juan "Cabe", Miguel Lamas e Juan Tinaquero

A fusión é o sinal de identidade de BM5, e a contribución musical de cada compoñente é a que marca o particular son do grupo. Os músicos teñen total liberdade para expresarse, ceibes de ríxidas faixas estilísticas. Do seu gusto por mesturar nace o que eles mesmos definen como “espicho”, a introdución de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza.

No seu último disco (Folkfusión, 2010) a gaita sae da súa cuncha para interpretar tango, swing, muiñeira, blues, habanera, jazz, samba, valse francés... Levan este proxecto a sitios como Lorient (Bretaña), Bruxelas (Bélxica), Colfiorito (Italia), Viana do Castelo (Portugal), así como percorren toda Galicia nos escenarios de máis prestixio. No ano 2011 son seleccionados pola AIE (Artistas e Intérpretes de España) para facer unha xira pola Península Ibérica, levando a súa música a cidades como Zaragoza, Vitoria ou Tudela. Unha característica do grupo é a súa adaptación a calquera tipo de concerto, desde o máis intimista en acústico en salas pequenas, ata os festivais máis grandes, pasando por teatros e auditorios. Esto é o reflexo do universal que é a súa música. Tanto no seu disco como no directo non agarden escoitar un só estilo e gocen coa música.

Ver en