Novas
VII Concerto Fin de Curso
20/06/2017
A Escola de música BellónMaceiras pecha un ano máis as súas portas celebrando o seu VII Concerto de Fin de Curso. O festival terá lugar o xoves 22 de xuño no CCRD de Perlío e dará comezo ás 18:30h. Polo escenario pasará unha gran parte dos alumnos que este curso recibiron clases na Escola.
Escola de Música BellónMaceiras desde dentro (Parte II)
30/05/2017
Presentámosvos a Escola de Música BellónMaceiras desde dentro. Neste segundo vídeo amosamos as clases de gaita. Se queredes máis información da escola ou apuntarvos pincha aquí.
Resultado do sorteo
12/05/2017
Os gañadores do sorteo para os seguidores da canle de YouTube de BellónMaceiras son:
 
- Disco de BellónMaceiras: Festival de Música SonPAF
 
- Clase gratuita: Antonio Pérez Rodríguez
 
Noraboa ós gañadores
Novo sorteo de BellónMaceiras
05/05/2017
BellónMaceiras quere premiar ós seguidores de YouTube. Por iso, sorteará entre os novos subscritores un dos seus discos, a escoller entre Unión das Terras, Folkfusiónou Ten. E para os que xa están suscritos sorterán unha clase gratis na súa Escola de Música ou a través de Skype.
O sorteo realizarase o venres 12 de maio.
 
Ir a YouTube
Escola de Música BellónMaceiras desde dentro
19/04/2017
Daniel Bellón e Diego Maceiras presentan, desde dentro, a Escola de Música que abriron en Fene no ano 2010.
Neste primeiro vídeo amosan a aula de batería onde teñen como mestre ó batería Colás Lage.
 
Ver vídeo