Discografía
Ten

Neste traballo, que celebra o seu 10 aniversario, a fusión segue caracterizando as súas composicións. Temas de diversos lugares do mundo con algún ingrediente celta. Daniel Bellón e Diego Maceiras rodéanse dun grupo de colaboradores excepcionais, logrando unha singular mestura con músicos de Gales, Rusia e Galicia. (Juan Cabe, María Moiséeva, María López, Miguel Lamas, Juan Tinaquero, Rafael Carracedo e Oliver Wilson-Dickson)

Brasileirinho

En Belén

FolkFusión

BellónMaceiras Quinteto nace no ano 2007 como unha evolución natural de BellónMaceiras Dúo. Esta nova formación achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical na que diversos estilos e ritmos de amálgama se complementan cunha ampla variedade de composicións propias.

A fusión é o sinal de identidade de BM5, e a contribución musical de cada compoñente é a que marca o particular son do grupo. Os músicos teñen total liberdade para expresarse, ceibes de ríxidas faixas estilísticas. Do seu gusto por mesturar nace o que eles mesmos definen como “espicho”, a introdución de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza.

Tanto no seu disco como no directo non agarden escoitar un só estilo e gocen coa música.

Benvidos ó Folk Fusión!

Unión das Terras

BellónMaceiras Dúo , os gañadores da sétima edición do concurso folk de Radio Obradoiro que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela o pasado 17 de marzo de 2006 e do Concurso Runas 2006 do Festival de Ortigueira, preséntannos o seu primeiro traballo chamado “Unión das Terras” , co que nos pretenden mostrar composicións propias mesturadas cunha visión moi persoal de temas de diversas culturas adaptadas a gaita e acordeón.
Este dúo, que iniciou a súa andaina no ano 2005, está formado por músicos que actualmente constitúen un referente para o mundo da gaita e o acordeón en Galicia.

“Unión das Terras”, proxecto no que participaron músicos de renome como Xosé Lois Romero tocando a pandeira, Álex Blanco coa guitarra acústica e Xabier Díaz aportando a voz, constitúe, deste xeito, unha viaxe de case sesenta minutos a través do mundo que traspasa fronteiras de todo tipo, mostrándonos o mellor de cada lugar e cultura, pero sen esquecer o carácter e o sabor galegos que sempre caracterizan ás súas melodías.

Colaboracións
Fandando desesperado

Fandango desesperado (NGD Música, 2005) é o primeiro traballo publicado por Luvas Verdes. Este traballo recolle unha parte significativa do repertorio da formación co que acadan os máis importantes galardóns da música tradicional.En palabras de Álvaro Seivane : "...trátase dun traballo que sentará precedente" e Xosé Lois Romero (Director Musical da Compañía "Nova Galega de Danza"): "é dende xa, un clásico da discografía galega".

Músicos:
Daniel Bellón: gaita
Pedro Lamas: gaita
Tamboril: Pepe Montero
Bombo: Melo Suárez

Colaboradores:
Xabier Díaz: voz
Agustín Sánchez: gaita
Antía Barreiro: Bombo

BAGAD KEMPER & Colaboración BellónMaceiras Live au Cornouaille 60 aniversario

Proposto en forma de "carta branca" ao Festival de Cornouaille 2009, baixo a direción de Jean-Louis Hénaff, este Best Of é o espectáculo dunha noite de xullo 2009, celebrando os 60 anos do Bagad Kemper e repasando a aventura musical dos últimos dez anos. Fiel ao espíritu dos seus fundadores, o Bagad KEMPER esmerouse en transmitir a súa paixón pola música e a cultura bretona. Pero cal sería o futuro dunha cultura se quedase pechada, se non se enriquecera da diversidade das outras. Esta vontade de apertura cultural e de innovación é a que caracteriza ao Bagad Kemper neste CD cheo de cores musicais. O Bagad KEMPER e os seus convidados repasan aquí grandes momentos destes últimos dez anos de creacións musicais e de encontros artísticos nun único concerto con músicos da talla de Dan Ar Braz (guitarra) ou Bernard Le Dréau (saxo), entre outros máis. Dani Bellón (coa súa gaita) e Diego Maceiras (co seu acordeón) tamén foron convidados para esta celebración e puxeron a súa pegada musical "BellónMaceiras" a este disco tan emotivo.

Navidad de España en Rusia 2011

BellónMaceiras Dúo Live in Moscow. BM2 participa nesta occasion con 6 panxoliñas gravadas en directo no concerto da catedral católica de Moscú. Son acompañados pola organista María Moiseeva e polo guitarrista Vitaly Maslov. Este cd leva por título O mellor da III edición do Festival Internacional de Música Navideña "Navidad de España en Rusia 2011". Cd editado pola fundación benéfica "De Boni Arte".

BellónMaceiras Dúo Live in Moscow Ad Honorem / Xota de Sta Lilaina

BellónMaceiras Dúo & María Moiseeva Cantata 147 Bach