Novas
Novos Concertos de BellónMaceiras
17/10/2008
O dúo BellónMaceiras viaxará esta fin de semana para ofrecer en Alemaña dous concertos. O venres 17 de outubro actuarán no centro galego de Hannover e o sábado 18 desplazaranse a Cuxhaven para tocar no día de Galicia en dita cidade. Máis novidades proximamente.
BellónMaceiras en A Coruña Venres 12:30h
09/10/2008

Comeza un mes de Outubro con moitas novidades para os nosos músicos. O dúo BellónMaceiras tocará mañá venres ás 12:30h no Paraninfo da Universidade de A Coruña. Será o concerto que abre o curso académico 2008/2009. O resto de novidades proximamente.

BellónMaceiras en www.kosmoradio.net
06/10/2008

Ó longo desta semana poderemos escoitar a BellónMaceiras no programa Folk, Kosmos. Para consultar os horarios deste programa desta radio de Cataluña podedes consulta-la súa web www.kosmoradio.net

Concerto no Pote de Maniños (Fene, A Coruña)
24/08/2008
O vindeiro domingo 24, BellónMaceiras Quinteto ofrecerá un concerto no 75º aniversario da romería do Pote de Maniños. Xunto a eles, estarán grupos como A Quenlla ou Ultreia, así como varias actividades e xogos para nen@s durante todo o día. O concerto do quinteto será ás 22:00 horas. Estades todos invitados!
Nova web de BellónMaceiras
22/08/2008

Benvidos á nova web de bellónmaceiras. Agardamos que disfrutedes dela e que a visitedes a miúdo, xa que estará en constante actualización. Participade no novo foro, e veredes que hai novas seccións como tenda online, vídeos e como non, quinteto. Moitas gracias polas visitas.

Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info