Novas
BellónMaceiras en xira por Bretaña. Festival de Cornouaille
13/07/2009
BellónMaceiras sae a noite do venres cara Francia para facer unha xira de case 1 mes que os levará a participar no Festival de Lorient e tamén na 86ª edición do Festival de Cornouaille, na súa versión en dúo. O éxito de BellónMaceiras ségueos alén das nosas fronteiras, enchendo concertos e obtendo críticas excepcionais aló onde van, coma no seu último concerto, na Noite Celta de Alcobendas. Os vindeiros días 21, 22 e 25 de Xullo, Dani e Diego levarán a Bretaña a súa mestura de música tradicional e contemporánea. Ademáis, o dúo foi convidado pola Bagad Kemper para participar no seu concerto-aniversario no mesmo Festival de Cornouaille. A Bagad Kemper, que vén de cumprir 60 anos, celebraráo o vindeiro venres 24 de Xullo cunha festa musical á que convidarán a músicos de tódalas latitudes para festexalo con eles.
Toda a información sobre o evento, datas e horarios, na web do Festival
www.festival-cornouaille.com/
BellónMaceiras Quinteto en Alcobendas
11/07/2009
O vindeiro sábado 11 de xullo na Esfera Plaza Cubierta (Avenida Olímpica nº14 , Alcobendas, Madrid) terá lugar a Noite Celta organizada polo Centro Galego de Alcobendas. Nela ofrecerán un concerto BellónMaceiras Quinteto no que adiantarán varios temas do seu vindeiro traballo discográfico. Comezará ás 21:30h. A entrada terá o prezo simbólico de 1€. Ademáis de BM5 participarán tamén a Banda de Gaitas do propio centro e o grupo galego Bonovo.
BellónMaceiras Dúo no Castelo de San Felipe coa súa nova proposta musical.
30/04/2009
O vindeiro xoves a partires das 14h o BellónMaceiras dúo actuará na festa de recepción dos estudiantes Erasmus das tres universidades Galegas. Será no Castelo de San Felipe en Ferrol onde presentarán unha imaxe renovada do dúo con novas sopresas musicais.
Reportaxe Multimedia da viaxe a Deutschland
01/11/2008
Xa podedes ollar na sección multimedia a reportaxe fotográfica da viaxe a Hannover e Cuxhaven en Alemaña. Moitas gracias polo magnífico trato e recibimento. Graciñas a todos!
BellónMaceiras Quinteto en Barcelona
25/10/2008

Este sábado o BellónMaceiras Quinteto desprázase a Barcelona para participar no Festival Toxos e Xestas xunto con varios grupos galegos. O festival comezará ás 17h e será no Auditorio da Fira de Barcelona.Ata o sábado!

Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info