Novas
II Curso de Mecánica e Mantemento do Acordeón impartido por Jose Mari López
21/03/2011
Visto o éxito do primeiro curso, a Escola de Música BellónMaceiras organiza o II Curso de Mecánica e Mantemento do Acordeón impartido por Jose Mari López, unha segunda parte na que se farán as prácticas de taller. Será o sábado 2 de abril, co mesmo horario que o anterior, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Será unha continuación para os asistentes ó curso do pasado 5 de marzo, pero tamén poderán vir os interesados que non puideran vir ó primeiro. Eso sí, hai límite de prazas cun total de 20, así que inscribídevos o antes posible a través dos correos e teléfonos que aparecen no cartel, ou a través do facebook. Non quededes sen a vosa praza!
BellónMaceiras no programa Reporteiros da TVG
16/03/2011
Este sábado ás 20h teredes ocasión de ver unha entrevista a Dani Bellón e Diego Maceiras falando dos novos proxectos de BellónMaceiras no programa reporteiros da TVG. Quedades todos convidados a velo.
Curso de Mantemento e Mecánica do Acordeón
08/02/2011
O vindeiro sábado 5 de marzo, José Mari López de Musical Dumboa impartirá un curso de mecánica e mantemento do acordeón. Para todo aquel que esté interesado que se poña en contacto nos correos: diego@bellonmaceiras.com ou daniel@bellonmaceiras.com, teléfonos: 661331967 ou 661265383. Tamén por contacto en Facebook a Diego Maceiras ou Daniel Bellón. Apurade a apuntarvos, xa quedan poucas plazas!
BellónMaceiras Quinteto presenta Folk Fusión en Vigo.
18/01/2011
Este domingo 23 ás 20:30, BellónMaceiras Quinteto fará unha nova presentación do seu disco Folk Fusión, neste caso será no sur de Galicia, no auditorio Nova Caixa Galicia de Vigo. Para asegurarvos que non quedades sen entrada, poñemos á vosa disposición o enlace para adquirilas. https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php?Nivel=Evento&idRecinto=00Y&idEvento=2282 Animamos a todos a achegarvos. Vémonos alí!
BellónMaceiras Dúo en Cosquín, Argentina con Juan Carlos Cambas e Dulce Pontes
10/01/2011
Hoxe mesmo vense de anunciar un novo bombazo. O vindeiro día 30 de xaneiro BellónMaceiras xunto con Juan Carlos Cambas e Dulce Pontes presentarán un espectáculo conxunto denomindado "El viaje" no festival de Cosquín en Córdoba, Arxentina, sendo sen dúbida o maior festival de folklore máis famoso de latinoamérica. Segue a xira internacional de BM2. Apertas a todos!!!
Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info