Novas
Xira de inverno de BM2
25/12/2010
O próximo domingo día 26 de decembro BM2 actuará brevemente nun festival de panxoliñas na Igrexa de Laíño en Dodro. O día 29 en Vilagarcía de Arosa xunto con Juan Carlos Cambas outro minicorcerto de presentación da Viaxe ao Festival de Cosquín.
O día 1 de Xaneiro BM2 sae con destino Moscú para tocar na Catedral Católica o día 3 xunto no concerto internacional de nadal. Nesta ocasión será un concerto completo no que contarán coa colaboración de artistas rusos da talla da organista María Moiseeva. Ao día seguinte terán a oportunidade de escoita-la música de BM2 no centro cultural Pokrovka tamén en Moscú.
http://www.artbene.ru/main
A fináis de mes desprázanse a Arxentina para participar no Festival de Cosquín xunto con Juan Carlos Cambas presentando "El Viaje".
Próximente a TVG adicará un Alalá a BellónMaceiras
17/12/2010
Esta mesma noite no primeiro concerto de BM5 en Fene comezará a primeira sesión de rodaxe para o Alalá BellónMaceiras. Estamos encantados de por fin poder anunciar esta nova tan desexada. En breve vos anunciaremos novas moi emocionantes da nova xira 2011 BellónMaceiras.
Venres 17 de decembro: presentación de FolkFusión en Fene, 21h
14/12/2010
Este venres 17 de decembro, BellónMaceiras Quinteto presenta o seu disco Folkfusión na vila de Fene.
O concerto está programado para as 21h, na Praza do Concello.
Non o perdades! BellónMaceiras Quinteto, por primeira vez en Fene! Garantizamos emocións fortes durante 1h30!
Concertos didácticos no Teatro Jofre para 1400 escolares
30/11/2010
Preto de 1.400 alumn@s de Educación Primaria de dez centros de ensino público de Ferrol participan nos concertos didácticos que Bellón Maceiras Dúo ofrece hoxe e mañán, luns 29 e martes 30 de novembro e o 13 de decembro no Teatro Jofre. Ao longo destas sesións os rapaces e rapazas achegaranse á música popular galega, aos instrumentos e aos ritmos galegos, entre outros aspectos.
Sociedade.A resposta dos centros educativos da cidade a esta iniciativa didáctica foi excelente. A agrupación Bellón Maceiras Dúo, integrada por Daniel Bellón e Diego Maceiras, leva xa moitos anos traballando xuntos na procura de dignificar os seus instrumentos -a gaita e o acordeón-, así como toda a música galega. Unha música que a través destes concertos tratarán de achegar aos alumn@s cos que interactuarán.

Dende o 15 de setembro rexentan a nova escola de Musica ubicada na rua Antonia Montero de Perlío- Fene, onde se ensinan estre outros instrumentos, a gaita, o acordeón, a guitarra e percusión. Clases moi prácticas para todolos niveis de apredizaxe.
BM5 este venres 19 en Porriño e o sábado 20 na Fnac Coruña.
18/11/2010
BellónMaceiras Quinteto levará a Porriño este venres 19 de novembro o seu último traballo "Folk Fusión". A cita terá lugar ás 23:30 e será no bar Liceum.

Ó día seguinte os poderedes escoitar na FNAC da Coruña, presentando tamén o último disco dos dous que teñen alí expostos á venda. Será a partir das 19:30 no que se presenta como unha boa oportunidade para velos nun concerto en acústico.

Convidados estades a asistir ós dous concertos. O que todavía non teña algún dos discos, animámoslle a que o compre, será un regalo diferente e orixinal para o nadal que se aproxima.

Unha aperta a tod@s!
Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info