Novas
Agasalla música polo Nadal
15/12/2017
O disco Ten acaba de cumprir dous anos e dende BellónMaceiras queren celebralo con rebaixas na súa  tenda online. Anímate a regalar a súa música polo Nadal.
 
Visita a tenda de BellónMaceiras aquí.
Máis de 100000 reproducións na canle de YouTube de BellónMaceiras
14/12/2017
Hai uns días a canle de YouTube de BellónMaceiras pasou das 100000 reproducións!! Daniel Bellón e Diego Maceiras agradecen a todas a persoas que visitaron a súa canle algunha vez.

Se aínda non estás subscrito e queres visualizar todos os vídeos de BellónMaceiras podes facelo aquí
BellónMaceiras Trío en Arzúa
24/11/2017
BellónMaceiras viaxará a Arzúa para participar na 14º Feira Ecolóxica. O concerto terá lugar o domingo 26 de novembro no recinto feiral "Terra do Queixo" de Arzúa ás 17:00h.
BellónMaceiras en Ortigueira
10/11/2017
BellónMaceiras volve a Ortigueira para participar no ciclo "Festival no Teatro" que organiza o Concello de Ortigueira. O concerto terá lugar o sábado 18 de novembro ás 20:00h no Teatro da Beneficencia de Ortigueira.
Novo vídeo de BellónMaceiras en YouTube. Festival Atlantikaldia
27/09/2017
BellónMaceiras publica un novo vídeo na súa canle de YouTube. Neste vídeo amosáse un "Launako", froito da fusión Galicia-Euskadi con Ereintza Dantza Taldea no Festival Atlantikaldia de Errentería.
Ver vídeo