Novas
Escola de Música BellónMaceiras: Combo Instrumental
23/02/2018
Este ano a Escola de Música BellónMaceiras comezou unha nova andaina na que participan os alumnos: o combo instrumental. Diferentes instrumentos e distintos estilos cun proxecto musical en común dirixido por tódolos profesores da escola.
Se che gustaría participar, pide máis información nos contactos habituais.
Novo vídeo en YouTube. "Anandaloke Mangalaloke"
16/02/2018
A música de BellónMaceiras está caracterizada pola fusión de diversos estilos de todo o mundo coa música tradicional tocada coa gaita e o acordeón. Cando viaxan a lugares novos, Daniel e Diego tentan tocar unha melodía propia do lugar que visitan. Na última viaxe de BellónMaceiras Trío a Bangladesh ofreceron un concerto no que tocaron este  "Anandaloke Mangalaloke", tema de Rabindra Sangeet.
Podes ver o vídeo aquí
BellónMaceiras en Bangladesh
05/02/2018
BellónMaceiras Trío viaxou a Bangladesh para ofrecer un concerto, ademáis dunha charla e un taller de música tradional galega para os estudantes da Universidade de Dhaka.
É a primeira vez que BellónMaceiras viaxa a terras asiáticas para difundir a súa cultura. Os músicos quedaron moi satisfeitos coa acollida por parte do público, que se entregou tanto no concerto como no taller amosando un gran interese.
Volve BellónMaceiras Quinteto
22/01/2018
BellónMaceiras Quinteto volve nesta primavera - verán do 2018. O gaiteiro Daniel Bellón, o acordeonista Diego Maceiras, o guitarrista Juan Cabe, o batería Miguel Lamas e o contrabaixista Juan Tinaquero recuperarán temas do disco Folkfusión, así como de Unión das Terras e Ten e incorporarán temas inéditos como este Launakoa que podedes ver aquí.
 
Unión das Terras está de aniversario
15/01/2018
O disco Unión das Terras, primeiro álbum do grupo BellónMaceiras, ven de cumprir 11 anos. Ademáis de físicamente tamén se pode escoitar nas habituais plataformas de distribución dixital.
 
Podes escoitalo aquí.