Novas
BellónMaceiras Quinteto en Lume na Palleira
17/04/2010
BellónMaceiras Quinteto estará este sábado 17 ás 17:00 h. nos micrófonos da Radio Galega Música para falar dos detalles do seu novo disco Folk Fusión, así como das inminentes presentacións. Non vo-lo perdades e animádevos a participar, xa que sortearanse 3 discos entre as chamadas recibidas.
Folkfusión de BellónMaceiras Quinteto
05/04/2010

Hoxe, luns 5 de abril, xa temos o cd de BellónMaceiras Quinteto: Folkfusión.Trátase da edición dispoñíbel para Galicia, que só se poderá mercar nos concertos de presentación do grupo.A seguinte edición, distribuida internacionalmente, sairá no mes de maio.Na axenda da web están as datas de presentación e na ficha do grupo se poden escoitar temas do cd.
Presentación de "Folk Fusión" na Coruña
25/03/2010
BellónMaceiras Quinteto presenta o seu novo disco "Folk Fusión" no Fórum Metropolitano da Coruña o luns 19 de abril ás 21:00. Xa están á venda as entradas a través do seguinte enlace:

https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php#

Tamén se poderán adquirir en taquilla o propio día do concerto desde unha hora antes. Vémonos alí!
Novo disco de BM5
05/03/2010
Xa falta moi pouquiño para que saia o novo disco de BellónMaceiras Quinteto, que se chamará "Folk Fusión" e que estará listo a mediados de abril. Ata entón, podedes escoitar un adianto no apartado Multimedia Vídeos (ó final de todo), no que tedes un enlace ó youtube a un vídeo cun tema que irá neste cd. Esperamos que vos guste a todos. Benvidos ó Folk Fusión!
Xa está rematada a gravación do novo disco de BM5
01/02/2010
A Gravación do disco xa está rematada dendo o pasado luns, agora estamos a traballar na mistura e próximamente na masterización. En breve informarémovos das datas de presentación que serán sobre mediados de abril
Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info