Novas
Novo disco do Bagad Kemper no que sae BM2 xa á venda na nosa escola
16/11/2010
Xa temos á venda na Escola de Música o novo disco do Bagad Kemper "Live au Cornouaille" no que participou BellónMaceiras Dúo coma convidados en 2009 en Quimper. Os interesados podedes contactar a través do noso mail escola@bellonmaceiras.com
Cursos Intensivos de 2010 na Escola BellónMaceiras
29/10/2010
A Escola BellónMaceiras ven de anunciar os seus cursiños intensivos ata fináis de ano. O día 26-27 de novembro haberá un cursiño de Baile Galego destinado a tódalas idades e tódolos niveis. O mestre será o afamado bailarín e escritor Calixto Albán e o prezo do curso será de 30€ ( 20€ para alumnos da escola). O día 18 de decembro haberá un curso de empalletado e afinación impartido polo artesán palleteiro Amado "Cubero". O curso terá unha duración de 8h e o prezo é de 50€ ( 35€ alumnos da escola). Este é un fin de semana perfecto para achegarse a Fene xa que o día anterior actúa BellónMaceiras na praza do Concello de Fene. Apuntádevos cedo que hai poucas prazas.
BellónMaceiras no Festival de Cosquín en Vilagarcia
13/10/2010
O afamado pianista Juan Carlos Cambas trae este vindeiro sábado 16 o Festival de Cosquín de Arxentina a Vilagarcía de Arousa. Neste festival tamén participarán cun pequeno concerto BellónMaceiras Dúo e Daniel Bellón colaborará con Juan Carlos Cambas e o seu grupo. Será no auditorio de Vilagarcía ás 21h.
BellónMaceiras Quinteto en Entrelares Radio Círculo, Madrid
05/10/2010
Aquí podedes escoitar a entrevista feita por Sonia Frías no programa Entrelares en Radio Círculo en Madrid a Daniel Bellón co motivo da Escola BellónMaceiras e do novo disco Folkfusión de BellónMaceiras Quinteto.
http://www.ivoox.com/programa-musical-04-10-10-audios-mp3_rf_382905_1.html
Escola de Música BellónMaceiras. Inaguración este mércores 20h
10/09/2010
O vindeiro mércores día 15 ás 20h inaugurarase a Escola de Música BellónMaceiras. BellónMaceiras Quinteto fará un pequeno concerto e posteriormente haberá unha pequena festa á que estades todos convidados. A matrícula xa está aberta e as clases comezan o día 20 deste mes. A parte de Diego Maceiras e Daniel Bellón, músicos da talla de Miguel Lamas, Alex Blanco, Calixto Albán, participarán como mestres da escola.
Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info