Novas
Novo disco no que participa BellónMaceiras editado en Rusia
17/10/2011
Temos a honra de anunciar a saída dun disco no que participa BellónMaceiras Dúo. Bm2 colabora con 6 temas do seu concerto en directo na catedral católica de Moscú dentro do programa do Festival Internacional de Música Navideña. O cd é unha edición limitada dispoñible en Rusia que non estará a venda na tenda BellónMaceiras. En breve teredes ocasión de escoitar unha mostra de dito cd. Edición: "De Boni Arte".
Novo curso na escola de música bellónmaceiras
29/08/2011
O PRÓXIMO DÍA 5 DE SETEMBRO COMEZARÁ O CURSO NA ESCOLA DE MÚSICA BELLÓNMACEIRAS. ESTE ANO TEREMOS ADEMÁIS DOS INSTRUMENTOS DO ANO PASADO AS NOVIDADES DE PIANO, FLAUTA, SAXOFÓN, CLARINETE, TROMPETA, SOLFEXO PARA NENOS...PODEDES MATRICULARVOS AGORA.
 
BellónMaceiras Quinteto na Praza de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela
28/08/2011
O pasado sábado día 27 tivo lugar un concerto moi especial para BM5 nun marco incomparable como é a Praza de San Martiño Pinario en Santiago. Graciñas a todo o público por asistir e por transmitirnos o fervor durante todo o concerto. Deica a próxima!!!
BellónMaceiras Quinteto en Verín, o domingo 14 de agosto
08/08/2011
Despois de triunfar no escenario de Montelago Celtic Festival (Colfiorito-Italia), BellónMaceiras Quinteto estarán en concerto por primeira vez en Verín, este domingo 14 de agosto a partir das 12 da noite.

Vémonos alí!
Mañá BM5 en Viana do Castelo, Portugal
14/07/2011
Presentación do disco FolkFusión en Portugal.Para que cheguedes ben ao lugar do concerto de BellónMaceiras Quinteto, o venres 15 de xullo (22h30 hora de Portugal): destino: Anfiteatro do Jardim da Marina, Viana do Castelo, Portugal
localización GPS 41.692499,-8.825562
Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info