
Hoxe cumple anos o noso acordeonista. Compañeiro! que pases un feliz ano cheo de éxitos e disfrutes desde día.
A partir do 25 de febreiro, xa podedes ter a vosa propia camiseta do dúo BellónMaceiras. Dispoñibles nas tallas S-M-XL, cor única (naranxa). Prezo: 10 euros. Para envíos, solicitade información nas direccións de correo: daniel@bellonmaceiras.com ou diego@bellonmaceiras.com.

Dani e Diego adéntranse nunha nova cruzada, o BellónMaceiras Quinteto. Acompañados por músicos da talla de Miguel Lamas (Batería), Juan Tinaquero (Contrabaixo)e Cabe (Guitarra). Os 5 levan traballando todo o inverno nesta nova formación que pronto teredes ocasión de escoitar.Unha nova visión de mestizaxe entre instrumentos, estilos e terras cun claro sabor galego que predomina nos seus sons.
Coincidindo co día no que os Reis Magos deixan un montón de cousas en tódalas casas, o dúo BellonMaceiras, quérevos agasallar cunha nova tanda de fotos. Na parte de abaixo da sección MEDIA poderedes ver unha pequena selección da súa viaxe a New York. Oh my god!!!

Felicidades Dani! O gaiteiro do dúo BellonMaceiras está hoxe sábado 5 de cumpreanos. Xa son 23 aniños os que cumpre, e moitos deles foron soplando a gaita... Que sexan un montón deles máis!!!

Unha vez que o dúo BellonMaceiras regresou de terras americanas, dende Galicia quere mandar unha aperta a todos os que entrades habitualmente na páxina (e ós que non sodes tan habituais, tamén), así como desexarvos unhas moi felices festas.
| Data | Lugar | Motivo |
|---|---|---|
| 07-07-2008 | Boiro (A Coruña) | Concerto BellonMaceiras Quinteto |
| 30-05-2008 | Cracovia (Polonia) | Concerto BellónMaceiras Dúo |
| 15-12-2007 | Newark, New Jersey, EEUU | Concertos do dúo en EEUU |
| 24-10-2007 | Biblioteca "Infantil e Xuvenil" da Coruña | Semana de concertos na Biblioteca da Coruña |
| 21-10-2007 | Lausanne - Suiza | Actuación BellonMaceiras |
| 20-10-2007 | Géneve - Suiza | Actuación BellonMaceiras |
| 18-10-2007 | Salón de Actos Escola Politécnica Superior, Campus de Lugo 21:00h | Concerto do dúo |
| 29-09-2007 | Fene (A Coruña) | XIX Xuntanza de gaiteiros "Airiños de Fene" |
| 16-09-2007 | Jardín Botánico 17:30h - Málaga | Actuación BellonMaceiras |
| 30-08-2007 | Teatro Jofre Ferrol 20:30h | Convidados ó Constantino Bellón |