O dúo "Daniel Bellón & Diego Maceiras" nace na primavera de 2005 coa finalidade de profundizar nunha formación pouco desenrolada no eido musical, con dous instrumentos tan represtativos na nosa cultura como son a gaita e o acordeón. A consolidación dun repertorio adecuado e variado que defina as múltiples posibilidades do dúo, é unha prioridade que está na mente destes músicos.
Os dous integrantes do dúo son músicos de recoñecido prestixio no panorama musical galego cunha larga experiencia como integrantes de grupos de renome
ademáis dunha traxectoria consolidada como concertistas en solitario.

As primeiras andainas e actuacións como grupo desembocan na preparación dun
proxecto moi ambicioso, que ve a luz no verán do 2005 cun concerto de
presentación no seu concello. En vista da excelente acollida o grupo foi
reclamado para actuar en distintos lugares da xeografía galega. En decembro do
mesmo ano, despois de tan só dous concertos, dan o salto a París (Francia).
No ano 2006 comeza con actuacións como a de Móstoles na que, ademáis, Dani deu un curso de técnicas de gaita no centro galego de dita localidade.
Cun nutrido repertorio basado en composicións propias e en pezas tradicionais de distintas partes do mundo, o noso dúo afronta o concurso que organiza Radio
Obradoiro tódolos anos en Santiago de Compostela e que reúne a grupos folk de Galicia. Daniel e Diego participan na que é a súa séptima edición obtendo a victoria no Teatro Principal de Santiago o que lles da dereito a grava-lo seu primeiro disco.
En xullo dese ano, Daniel Bellón e Diego Maceiras, coa colaboración de Álex Blanco, son un dos 8 seleccionados (de entre 75 maquetas presentadas de toda a península) para participar no Escenario Runas 2006 do Festival de Ortigueira. Despois dunha excelente actuación rematan sendo o grupo máis votado co que participarán o ano que ven no escenario principal do Festival de Ortigueira 2007.

Despois de Ortigueira repiten visita ó extranxeiro. En primero lugar invitados ó
Festival Intercéltico dos Xogos Náuticos organizado en Falmouth (Cornualles,
Reino Unido) e despois sendo un dos grupos de delegación galega que participan na
XXXVI edición do Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña, Francia).
Como colofón a este ano, Daniel Bellón & Diego Maceiras actúan na cidade de Xenebra (Suiza) onde dan un concerto diante da representación de centros galegos no exterior.
Con todo esto, e con máis de 25 concertos ás súas costas, Daniel Bellón & Diego Maceiras afrontan a gravación do seu primeiro disco, o cal estará dispoñible en decembro do presente ano.