

Das súas mans saen melodías do instrumento que toca desde que era un neno. Daniel xa é, a día de hoxe, o gaiteiro máis laureado da historia avalado polos máis de 35 primeiros premios e por ser un excelente intérprete da gaita.

Fórmase no seo da Banda de gaitas Airiños de Fene (1994), na que chega a desenrolar durante varios anos a faceta de gaiteiro solista ata o ano 2001 que culmina coa gravación do seu primeiro traballo discográfico "Identidade" con dita banda.
Seleccionado para o I Curso para "Xóves Gaiteiros" que imparte o gaiteiro Carlos
Núñez (Vigo, 2001). Compre destacar a súa incursión no mundo da composición para gaita, no que chega a recibir numerosos premios pola interpretación das súas
propias obras en diferentes concursos e certames, así como á aparición dos seus
temas en distintos traballos discográficos e nas edicións de libros, por exemplo:
"Fandango Desesperado" (Luvas Verdes) e "De Pano Sedán" (Edicións do Cumio).
No 2003 participa na recreación en directo da banda sonora da película "La Casa de la Troya" (Alejandro Pérez Lugín - Manuel Noriega, 1924) en distintas cidades españolas con motivo da súa representación na Filmoteca Española. Neste mesmo ano é nomeado pola súa corporación municipal como "Gaiteiro Maior"depois de gañar
o Trofeo MaCallan no Festival Intercéltico de Lorient.
Membro fundador dos grupos "Roquementroque" e "Venela" e membro do grupo "Xaloucos". Finalmente tamén é membro fundador do grupo "Luvas Verdes", que é sen dúbida o cuarteto máis laureado da historia de Galicia e co que grava o disco "Fandango Desesperado" (2005) e do "Obradoiro musical Os Sete Estalos".
Da súa extensa lista de logros pasamos a destacar os máis relevantes:



As súas primeiras andainas na música foron con tan só 4 anos, formando parte da Banda de Gaitas "Airiños de Fene", da que segue formando parte hoxe en día, coa que consegue premios importantes no mundo da gaita (Con Música Propia, Televisión de Galicia, 1996 o certámen de grupos e bandas de gaitas (Betanzos, 1997) ademáis de percorrer a meirande parte da xeografía galega e de aparicións tan importantes no exterior como o Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña francesa 1999, 2001), Folk Segovia (2001), Expo 98 en Lisboa (Portugal).

Tamén participa como músico nas máis de 15 edicións das 'Xuntanzas de Gaiteiros'
que organiza a propia agrupación. Como broche de ouro no ano 2001 é partícipe na
gravación do seu primeiro traballo discográfico "Identidade".
Cursa no conservatorio de música profesional de Ferrol na especialidade de
clarinete rematando o grado elemental.
Acordeonista desde os 11 anos, iníciase baixo as ensinanzas do gran mestre fenés
Manuel Cociña. Complementa a súa formación con mestres de renome coma Roberto Grandal, Xavier Díaz, e tamén con prestixioso e laureado Oleg Sharov.
Membro fundador do grupo "Venela", onde xa coincide con Daniel. Segue a súa andanza musical, esta vez uníndose como compoñente do xa desaparecido grupo "Rumbadeira", á par que combina a faceta de compostitor e arreglista do grupo folk "Eiravedra". Tamén participa no grupo de música infantil "Mamá Cabra", co
que participou na gravación dos seus tres discos ("Cantos Rodados", "Cantando comigo", e "Tan só con leres un libro") e na publicación de dous libros , ademáis de desempeñar unha importante faceta didáctico-musical con nenos e nenas de curta idade.
Na primavera de 2006 recibe con este grupo o Premio da Música á mellor canción en galego por "Tan só con leres un libro".
Compre destacar tamén a labor de Diego coma músico compositor, posto que en tódalas agrupacións nas que participou colaboraba co seu repertorio e con temas da súa propia autoría, e tamén é compositor das sintonías da programación de "Radio Fusión".
Cabe destacar que tamén exerce a docencia como profesor de acordeón cromático e acordeón piano, así como a complementación coa linguaxe musical para o correcto aprendizaxe do instrumento.
Actualmente segue coa súa formación no Conservatorio Profesional de Música de Oviedo no que está a acabar o grado medio.