
Como sabedes, Daniel Bellón & Diego Maceiras gañaron a séptima edición do concurso folk de Radio Obradoiro que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela o pasado 17 de marzo de 2006. Gracias a esto, gañaron o dereito de gravar un disco cos gastos de gravación incluídos.
Despois de gravar nos meses de xullo e setembro no estudio Phonos da Estrada, este dúo preséntanos un traballo discográfico: “Unión das Terras”. Este traballo é unha mostra de composicións propias e temas de diversas culturas e zonas xeográficas (Arxentina, Rusia, Francia, Oriente Medio ou Portugal), que foron adaptadas para gaita e acordeón aproveitando a gran diversidade de rexistros que posúen estes instrumentos.

Neste proxecto participaron algúns músicos de renome como Xosé Lois Romero tocando a pandeira, Álex Blanco coa guitarra acústica e Xabier Díaz aportando a voz.
Daniel Bellón & Diego Maceiras nos propoñen unha viaxe de case sesenta minutos a través do mundo traspasando fronteiras de todo tipo, mostrándonos o mellor de cada lugar e cultura, pero co carácter e o sabor galego que sempre caracterizan ás súas melodías.
A continuación podedes ve-los nomes dos temas incluídos no novo traballo de Daniel Bellón & Diego Maceiras. Ademáis podedes escoitar tres fragmentos de tres cancións do disco en calidade MP3. ¡Disfutádeas!
01.- Prieguiceira
02.- Libertango MP3 
03.- Outeiro Verde MP3 
04.- Melide
05.- Once por Catro MP3 
06.- Canción de mar
07.- Corridinho
08.- Meiga Morena
09.- Lac&Tango
10.- Xudías Rusas
11.- Alalá de Monterrei
12.- Pontesampaio
13.- Postal para Dominique
Podedes atopalo disco, entre outras tendas, nas seguintes:
Para mercar o disco por medio desta web e que volo manden á casa tedes que contactar con
Dani
ou
Diego
e se vos facilitará o que tedes que facer para poder telo na casa nuns días.
Os prezos son os seguintes: 1 cd 15€, 2 cds 28€, 3 cds 41€, 4 cds 53€, 5 cds 60€. Dende o quinto cd os portes son gratuitos. O pago farase a traves dunha transferencia a unha conta. Para envíos a Canarias ou ó extranxeiro consultade nun dos correos dados anteriormente.